<<[...] Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos>>.

Gabriel Celaya

sábado, 24 de abril de 2010

"Central", artículo de Vicente Araguas.

"Acompaño un pedazo a David Rey, ese poeta novo, mentres asina exemplares de “Las alas de una alondra madrugando” (Hiperión). Libro gañador do Premio Antonio Carvajal de Poesía Joven, cinco semanas xa na moi fiable lista do ABC dos libros máis vendidos. Acompaño un bocado a David, na librería de Miguel Justo, na rúa Dolores. Libería de fondo con nome vetusto, como do ano em que fora fundada: 1950, e xa choveu desde aquela. Cando Ferrol apontaba alto. Sigue a facelo, pero de outra maneira. E con poetas, sempre con poetas, como David. A quen pregunto se alterna con outros escritores, se encontra mestres a quen seguir. E David Rey, da rúa Alcalde Usero, económico en palabras sorrí o xusto e sinala os libros que nos arrodean nons trinques de fondo da Central Librera indicando que eis os seus intereses e influencias. E un, que fai exactamente o contrario, que rula e rola entre os autores, mortos, pero tamén vivos (ás veces en exceso) pensa que non é mala filosofía a deste mozo, poeta dos que máis prometen nesta hora tan concorrida da poesía española nova.

No interín boureo con Miguel sobre lecturas e lectores. Do que foi á Central e non parou de ler enteiro “in situ” o volume, ben caro, que lle interesaba. Ou aquel outro que marchou sen pagar o libro que estaba lendo. E interceptado xa en Galiano berrou con carraxe: “¿E logo, non se poden consultar os libros, ou que?” Definitivo. Cal o sonriso xentil de Miguel. Ou a poesía de David."

Fuente: Araguas, Vicente: "Central", en Diario de Ferrol, 24 de abril de 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario