<<[...] Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos>>.

Gabriel Celaya

viernes, 19 de febrero de 2010

"Poeta", artículo de Vicente Araguas





Traducción: http://delapoesiayotrosgritos.blogspot.com/2010/02/traduccion-del-articulo-poeta-de.html

"Ferrol é cidade de altos poetas. Ferrol e arredores. Sen ciar moi atrás no tempo (onde bateríamos con Esquio, o máis grande de entre os grandes), atopamos a Carlos e José Luis Prado, María Elvira Lacai, Ricardo Carvalho, Ernesto Guerra da Cal, Mario Couceiro, Miguel Carlos Vidal, Xohana Torres, aínda que nacera en Santiago, e bótalle fío ao papaventos da alegría melancólica (isto é máis que un oxímoro) en verso libre e rimado. Agora, a voz amiga de Miguel Justo, un libreiro de fondo que exerce, que sabe o que ten entre mans, que amo o seu oficio, avísame da boa nova. De que entre nós, na Rúa Alcalde Usero, mora un poeta novo brillante. É gañador do último "Premio de Poesía Joven Antonio Carvajal". Tal vez o máis importante dos que se fallan en España dentro desta modalidade. O autor: David Rey Fernández. O título do seu libro: "Las alas de una alondra madrugando" (Ediciones Hiperión). David é un rapaz novo, de 1985, e del pouco sei, senón que gañou o premio por unanimidade, que este é o seu primeiro libro, que é licencidado en Dereito. Del só coñezo, ademais desta entrega á que volverei amodiño despois dunha primeira lectura febril e apaixoada ( o que é máis que un pleonasmo), a súa ollada de cervo intelixente e ferido que nos transmite a foto que ven no libro. Na que as gafas e a pucha e a mocidade insolente aínda me remiten a Holden Cauldfield, agora que morreu Salinger, aquela sombra de sombras. Graciñas, David, por ser e estar."

Fuente: Araguas, Vicente: "Poeta", en Diario de Ferrol, ocho de febrero de 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario